sábado 7 de noviembre de 2009

MOCIÓN:

XESTIÓN DO CAMPO DE FUTBOL

MUNICIPAL DO CASAL


O pasado día 10 de Setembro, asinouse o convenio entre o CD Moaña e o Concello de Moaña , previamente aprobado por unanimidade no Pleno da Corporación Municipal do día 11 de xullo. Dito convenio regula as obrigas e dereitos de cada unha das partes asinantes no relativo o uso do citado campo polo CD Moaña, ó cal se lle da un dereito preferente de uso(clausula 2ª ap. a). Asimesmo no documento se especifica que o clube contará con dependencias para a súa sede social nas mencionadas instalacións (Clausula 2ª ap.f). É decir, queda claro na letra e no espíritu do convenio, esa preferencia de uso e horarios por parte do CD Moaña, non en balde a clausula 1ª di expresamente:O presente convenio ten como obxecto regular as condicións de utilización do campo municipal do Casal, en beneficio do CD Moaña, de forma que todos os equipos de xogadores da entidade poidan usalo de maneira preferente a calquera outra entidade ou actividade.


Pese o anterior, nos últimos tempos véñense suscitando desencontros entre as partes motivados fundamentalmente por dous feitos: o uso das instalacións por parte dos equipos participantes na Liga de Veteranos, e a necesidade do persoal do clube de acceder as instalacións en horarios distintos do horario laboral do traballador municipal encargado das instalacións. Estes desencontros levaron a situacións indesexables para todos.

No relativo o caso dos equipos de veteranos a situación é a seguinte: O Moaña en reunión da xunta directiva celebrada o día 5 de xullo de 2009 ( antes da sinatura do convenio) toma o acordo de integrar dentro da súa estructura ós dous clubes de veteranos que ata ese momento xogaban os seus encontros no campo da Xunqueira, os cales ademáis cambian a súa denominación pasando a chamarse CD Moaña Hnos. Santome e CD Moaña Bar Estadio, e esta situación comunícaselle o organo rector de dita competición que é a Liga de Veteranos,que rexistra dita comunicación e acepta. Polo tanto dende ese día estes dous equipos forman parte a todolos efectos do CD Moaña, e a organización dos seus horarios, partidos etc. queda baixo a súa tutela dentro dese dereito preferente de uso otorgado pola Corporación. Debe ser polo tanto éste quen fixe os seus horarios de xogo.

No Caso do acceso as instalacións por persoal autorizado do clube fora do horario laboral do traballador municipal ( É xusto recoñecer o esforzo económico do concello ó dotar de persoal de vixiancia e limpeza as instalacións), resulta útil recordar o contido do ap.f da clausula 2ª do convenio: O concello de Moaña cederá para uso privativo do CD Moaña un local social convenientemente acondicionado, así como as instalacións accesorias precisas para o desenvolvimento da súa actividade cotiá (lavandería, almacéns…). Polo tanto estamos nunha situación na cal o concello recoñece que o campo municipal do Casal non sólo cubre as necesidades deportivas do CD Moaña, senon tamén que constitue a súa sede social con todalas funcións e necesidades derivadas desta situación: administrativas, almacenaxe, lavandería …Polo tanto é moi difícil acomodar o horario laboral do traballador municipal coas necesidades do Moaña de acceso a súa sede, para realizar actividades que non teñen horario fixo como: traballos de oficina, recollida e depósito de equipacións antes e despois de cada saída, lavado das equipacións, subministro de materiais para a cantina…Esta situación ten fácil solución facilitándolle ó presidente do CD Moaña unha chave de acceso para usar nestas actividades non previstas, debemos recordar que o CD Moaña é o primeiro interesado en que exista control e vixiancia sobre o acceso a esta instalación municipal e tamén en que estas instalacións se manteñan nas mellares condicións posibles, como ademáis está obrigado pola clausula 3ª do convenio.

Polas causas expostas nos apartados anteriores e co animo de reconducir esta situación de desencontro, e contribuir a aclarar situacións de certa confusión, e profundizar e mellorar as relacións entre as dúas institucións, e polo que plantexamos ó Pleno da corporación a adopción dos seguintes


ACORDOS

a) Respectar a estructura deportiva da que se dotou o CD Moaña en uso da súa capacidade, e polo tanto tal e como contempla o convenio, respectar as súas decisións sobre os horarios de xogo das súas diversas categorías e seccións.

b) Facilitarlle ó presidente do CD Moaña unha chave para o acceso as instalacións para poder realizar tarefas propias das necesidades do clube fora do horario laboral do traballador municipal encargado das instalacións, facéndose éste responsable do seu correcto uso.
MOCIÓN:

AXILIZACIÓN DAS OBRAS DE

ABASTECIMENTO DE AGUA Ó

MORRAZO DENDE VIGO


O 17 de abril de 2008 o organismo autónomo Aguas de Galicia remite ó Concello de Moaña copia do proxecto de “Ampliación do abastecimento de agua ó Morrazo dende Vigo” o cal implica a construcción dun segundo colector dende a planta potabilizadora do Casal en Vigo, atravesando á ría para reforzar o subministro de agua ó depósito da Ameixoada, co obxectivo de garantir a demanda futura dos concellos de Cangas e Moaña, altamente dependentes deste recurso para cubrir as necesidades básicas.

O día 29 de Maio do mismo ano, apróbase por unanimidade do Pleno da Corporación municipal dito proxecto e os acordos demandados por Aguas de Galicia. O día 29 de maio publícase no BOP o anuncio de exposición pública por espazo de 20 días, non registrándose nese período ningunha alegación á mesmo. Posteriormente no mes de novembro de 2008 remítese a Aguas de Galicia toda a documentación requerida (acordo plenario, disposición de terrenos, solicitude de financiación…). Ata o momento, salvo algunha noticia en prensa non volvemos a ter coñecimento oficial do estado de dito expediente.

A situación nos últimos tempos volveu a actualidade por mor das continuas averías do actual colector submarino (en moi pouco período de tempo ata tres averías no mesmo tramo) o cal denota unha fatiga do material, que pode provocar que en calquer momento o subministro quede interrumpido por un tempo excesivo e que non se poida garantir o subministro de agua. É Polo tanto urxente tomar medidas para que si se produce esta continxencia, exista o respaldo dun segundo colector, no prazo de tempo máis breve posible.

Por estas razóns exportas é polas que se demanda do pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

Instar o organismo Aguas de Galicia a axilizar a tramitación administrativa e a adjudicar do xeito máis urxente posible a obra Abastecimento de agua ó Morrazo dende Vigo.

sábado 10 de octubre de 2009



InMo acusa a
Patrimonio de "falta
de lealtad"
por su informe negativo del PXOM

Leites defiende que el primer párrafo
del informe asegura que se recogían
los requisitos de 2007


F.G.S. - MOAÑA El informe desfavorable de la Dirección Xeral de Patrimonio sobre la nueva propuesta de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) levantó ayer las reacciones del resto de los partidos que forman parte de la corporación municipal, una vez conocidas las quejas del alcalde, Xosé Manuel Millán, del BNG. En línea con el regidor se pronunció el portavoz de InMo Euloxio Santos Leites y anterior concejal de Urbanismo, que acusa a Patrimonio de "falta de colaboración e de lealdade institucional".Y es que Santos Leites asegura que el equipo redactor, Arteplán, estuvo en permanente contacto con los técnicos autonómicos para redactar todas las modificaciones exigidas en el informe del año 2007. "Se querían introducir novos elementos de protección o que tiñan que facer era avisar antes de levalo ao pleno", apunta.El concejal de InMo también defiende que el primer párrafo del informe dice que el Concello recogió todas las observaciones hechas en 2007. "Por tanto, todo o que vén a continuación son novos requisitos que carecen totalmente de sentido". Euloxio Santos apunta a que es necesario proteger los nuevos hallazgos arqueológicos, pero que esto no significa que haya que reformular el PXOM cada vez que se realiza un nuevo descubrimiento.Sobre la exclusión de cualquier posibilidad de segregar la finca del Pazo de O Real, el concejal de la oposición explica que supone eliminar el derecho de un propietario a segregar un terreno que se encuentra en suelo urbano. "Tanto esta decisión como a de protexer as casas de mariñeiros de O Con son opinións totalmente subxectivas dun técnico, pero que dende o meu punto de vista teñen pouco soporte legal", dice.Desde el PP, su portavoz José Fervenza, niega que la nueva propuesta de PXOM incluya todas las recomendaciones hechas por Patrimonio y Costas en el año 2007, y argumenta que en las comisiones de seguimiento el PP ya advirtió que no se cumplían los requisitos. "Volven a pedir os mesmos requisitos que os técnicos da Xunta do bipartito", apunta Fervenza.El documento sufrirá un retraso de más de dos meses El informe negativo de Patrimonio supondrá un nuevo retraso en la tramitación del PXOM porque el equipo redactor deberá incluir las modificaciones solicitadas. Y eso sin contar con el informe que todavía debe emitir Costas. Una vez que el planeamiento se adapte a los nuevos requisitos, el documento debe ser aprobado de nuevo por el Pleno de la Corporación para que la Consellería de Medio Ambiente e Territorio de el visto bueno definitivo y el texto entre en vigor.Según el alcalde, Xosé Manuel Millán, se trata de un retraso de un par de meses, en función de lo que tarde Arteplán en incluir los cambios. "Tras oito anos de tramitación isto non significa un grande contratempo", dice. Más pesimista se muestra el edil de InMo, Euloxio Santos Leites, que defiende que la modificación de los planos significará un retraso de entre tres y cuatro meses. "O alcalde ten razón cando dí que aprobar un Plan Xeral é unha carreira de obstáculos , pois da a impresión de que as administracións se están poñendo pedras no camiño", critica este concejal."A Xunta debería facerse cargo de todo o proceso" Leites, que fue uno de los responsables de la redacción de la primera propuesta de PXOM en la anterior legislatura, reitera sus acusaciones contra la Dirección Xeral de Patrimonio. Dice que su "falta de colaboración", es la causante de este retraso. "Se a actitude vai ser a de poñer cada vez máis atrancos o mellor que poden facer é retirarlle as competencias en materia de planeamento aos Concellos", dice el edil. Y es que desde InMo le piden a la administración autonómica que se haga cargo directamente de la redacción de los PXOM de todos los Concellos, "así se acabaría con todos os trámites e con tantos meses de traballos que acaban sendo inútiles", aclaran.

sábado 29 de agosto de 2009

Paseo marítimo

REFORMA DO PASEO MARÍTIMO

DE MOAÑA

A obra de reforma do paseo marítimo de Moaña, é unha das obras máis importantes dentro das programadas dentro do plan “E”, por dúas razóns fundamentais:

- O seu custo: o orzamento previsto é de 500.000 euros.
- O espazo sobre o cal se actúa, situado en Pleno centro de Moaña que é o lugar fundamental de esparcimento, paseo e xogo para os veciños.

Por estes motivos entendemos dende Iniciativa polo Morrazo, que debe ser unha intervención especialmente coidada e controlada.

Entendemos que como primeiro paso, é prioritario que o proxecto de execución se aclare ante as dúbidas existentes, e que teña o suficiente nivel de detalle para poder ter claros aspectos tales como:

- Nº de aparcadoiros previstos e a súa situación.
- Localización e características das zonas deportivas.
- Trazado do carril bici.
- Tratamento dos distintos pavimentos…

O que podemos apreciar estes días, según avanzan as obras e do que se extrae das declaracións públicas dos responsables políticos, sementa en nós algunhas dúbidas que entendemos son relevantes, como poden ser as seguintes:

- Non aparece nos planos coñecidos, ningunha pista deportiva que substitúa a pista que se convirte en aparcadoiro, pese a que ésta é moi utilizada polos nenos e por algúns clubes deportivos como é o caso do Balonman Moaña.

- O carril bici, parece que invade en moitas partes do trazado os actuais xardíns, de tal xeito que en algúns sitios quedan zonas de xardín residuais, e moi próximo as poucas árbores existentes.

- Non nos queda claro que o actual paseo peatonal formado por baldosas na súa parte norte e por lousas de cemento na parte do mar, sexa substituido, pese o seu mal estado en moitos tramos por mor do paso do tempo e por reparaciós e obras efectuadas.

- Vótase de menos a creación de máis zonas de sombra co arbolado axeitado.

- Non queda claro como se resolve o acceso a praza de abastos pola súa parte traseira.


Por estas razóns e como dixemos anteriormente pola importancia que lle damos a esta obra , é polo que instamos ó grupo de goberno a que de xeito inmediato definan exactamente o alcance das obras a realizar no paseo marítimo de Moaña, e que dita información a trasladen o máis urxentemente posible os grupos políticos na primeira comisión que se celebre.

Carretera Ameixoada

MOCIÓN:

SEGURIDADE VIARIA NA CARRETERA

PROVINCIAL PORTA DO CEGO – COIRO


Recentemente a Deputación Provincial de Pontevedra, titular do vial que transcurre dende a Porta do Cego en Moaña ata Coiro en Cangas, realizou obras na mesma, obras que consistiron exclusivamente en asfaltar a calzada de rodadura, é decir, en mellorar a carretera para que os coches poidan circular un máis rápido. En cambio as melloras imprescindibles que necesitaba ese vial para garantizar a seguridade e a comodidade dos veciños de Abelendo, O Casal e a Ameixoada, que a usan a diario, esas non foron tidas en conta senon todo o contrario, foron empeoradas, así en moitos tramos o asfalto e as liñas que delimitan os carrís de circulación chegan ó borde mismo da explanación facendo que os veciños teñan que camiñar polo carril reservado para os coches, como sucede no tramo que vai dende Figueirido ata a Ameixoada nunha situación de enorme perigosidade, noutros sitios, o asfalto invade ata os sitios de lecer, como é o caso do “parlamento” en Abelendo. En conclusión, os peatóns que usan esta carretera viron incrementado enormemente a súa perigosidade, xa que o único que aumentou foi a velocidade dos coches..


Esto supón ademáis,un incumprimento do prometido polo presidente da Deputación e polo responsable técnico da mesma que no seu percorrido polos viais da súa competencia, na anterior lexislatura, comprometeuse diante dos representantes políticos e veciñais, a elaborar un proxecto de obra donde se primase a seguridade viaria dos peatóns, e en concreto nesta vía contemplariase a realización de aceira polo menos por un lado, recollida de aguas e sinalización viaria axeitada, é decir todo o que non fixo neste caso.


Por todas as razóns exportas anteriormente, é polo que instamos ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes


ACORDOS:

1.- Dirixirse a Deputación Provincial para que como titular da carretera Porta do Cego- Coiro,para que a maior brevidade elabore e remita ó concello proxecto de seguridade viaria para os peatóns na citada carretera, donde se contemple a realización de arcens, aceiras e recollida de aguas pluviais.



2.- Remitir este acordo ó Presidente da Deputación e os grupos políticos con representación na cámara provincial.

domingo 12 de julio de 2009

Galego patrimonio da humanidade

Manifesto "Galego, patrimonio da

humanidade"






Xa podes adherirte ao manifesto "Galego. Patrimonio da Humanidade" no blog aberto para difundir o texto. A páxina vai servir de soporte para unha ambiciosa campaña civil . . http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
Tal e como explicou esta semana un dos promotores, Manuel Bragado, a idea final é lograr o suficiente número de apoios para poder presentar unha iniciativa parlamentaria e obrigar aos partidos políticos a debater o futuro da lingua.

sábado 13 de junio de 2009

Orzamentos

ORZAMENTOS DO CONCELLO DE

MOAÑA ANO 2009


Estamos ante un orzamento moi tardío, mediados de ano e que non entrará en vigor ate dentro de mes e medio, polo cal non estamos ante un documento de planificación económica, sinon ante un documento que unicamente recolle gastos xa realizados ou comprometidos polo equipo de goberno. Esta é unha situación anómala, por canto trátase dun equipo de goberno que “aparentemente “ ten maioría suficiente, salvo a existencia de desacordos entre os socios.

Por parte do goberno, anúnciase como gran logro que este ano reduciuse o orzamento en 2.284.641 euros. Nada extrano si temos en conta que o ano 2008 inflaron o orzamento ata a incrible cifra de 12.658.912 euros, unha auténtica barbaridade, polo tanto estariamos falando máis que dunha verdadeira rebaixa, dunha volta a parámetros de normalidade. Pero o importante é como chegaron a este resultado, de si é consecuencia dunha política de austeridade ou non,e cun rápido vistazo decatámonos de que non é así.

Un análise por encima das cifras danos un dato esclarecedor: a rebaixa dos orzamentos para este ano correspóndese casi integramente co desconto que se produce no capítulo de investimentos que pasa dunha cantidade de 3.046.040 euros a 1.243.944 e non como consecuencia da rebaixa do gasto corrente ou improductivo. En definitiva o artificio consiste en de facto, eliminar no ano 2009 o capítulo de investimentos. Si observamos o desglose do mismo podemos constatar o seguinte:

- Unha gran parte das obras son obras xa realizadas ou comprometidas no ano 2008: ludoteca municipal. Instalación eléctrica do centro Daniel Castelao, Pavimentación das Abilleiras, Muros de Daniel Castelao… así ata un importe de 250.000 euros.

- Outra gran parte das partidas de investimentos xa estaban contempladas nos orzamentos do ano 2008 e que non se ejecutaron como os saneamentos contemplados: Costa Grande,do Cantiño a Regueira e Broullón por un total de 170.000 euros.

- As partidas máis grandes correspóndense con compromisos anteriores: PXOM e Campo de futbol por un total de 350.000 euros.

A consecuencia de todo isto é que non existen proxectos novos para este ano e posiblemente tampouco para o ano 2010, deixando todo a expensas das obras realizadas a cargo das obras do Plan E estatal.



No relativo o capítulo de ingresos podemos afirmar sin dúbidas que se trata dun documento cunha previsión de ingresos irreal, que aparece inflado nos seus apartados máis importantes, o que fai que o conxunto do documento sexa unha fantasía contable, o cal provocará que as poucas obras do capítulo de investimentos que se executen vaian a incrementar a debeda. Así analizando algúns dos apartados de ingresos máis importantes como son os derivados da actividade urbanística, podemos destacar o seguinte:

- INGRESOS POR ICIO.- Prevé de ingresos 600.000 euros, cifra increíble si temos en conta que según os datos extraidos das actas de comisión de goberno(por non dispoñer ainda da liquidación do ano 2008) o ano pasado non se chegou por este concepto a 350.000 euros (e o ano pasado hubo un ingreso extra motivado polo nº de licencias extraordinarias para evitar a aplicación da lei do habitat), e o panorama para este ano non é mellor tendo en conta o parón do sector da construcción.

- LICENCIAS URBANISTICAS.- A previsión é de 125.000 euros, e según a misma fonte o ano pasado non se chegaron os 100.000 euros.

- APERTURA DE ESTABLECIMENTOS.- prevese 125.000 euros cando o ano pasado non se chegou ós 25.000 euros.

- INSTALACIÓN DE POSTES….- Hai unha previsión de 235.000 euros e o efectivamente recadado o ano pasado non superou os 65.000 euros.

E esta misma comparativa poderíamos facela coa maioría das partidas de maiores ingresos, e na maioria encontramos este desfase significativo que nos leva a reafirmarmos na afirmación inicial de orzamento increible..

No relativo o capítulo de gastos como dixemos anteriormente a rebaixa non procede dunha racionalización do gasto, e unha reducción do gasto corrente ou improductivo, senon pola eliminación das inversións, o cal vai en contra das directrices de todolos organismos e institucións sobre as políticas econômicas a aplicar en tempos de crise.