
Impresiona o morro e a falla de escrúpulos co que se comportan ultimamente gran parte dos actuais cargos políticos.
Xa nos acordos que propiciaron a constitución do goberno municipal de Moaña entre BNG e PSOE, chamou claramente a atención o escaso interés en desenrolar un auténtico programa de goberno que marcara uns obxectivos ilusionantes para estes catro anos. Por contra abundou a imaxinación destinada a poñer en marcha todo tipo de piruetas e filigranas para conseguir que determinados membros do equipo de goberno poideran quedarse cada mes cunha boa parte do presuposto municipal.
O que xa da o espaldarazo definitivo a esta actitude de menosprecio a cidadanía é a facilidade coa que os tres partidos presentes no parlamento galego, PP,PSOE e BNG, se puxeron de acordo para aprobar por unanimidade durante o verán a reforma administrativa que permite que os funcionarios que estiveran 2 anos seguidos ou 3 alternos, dende o ano1981, nun alto cargo cobren uns 15.000 euros anuais hasta que se xubilen.
Este acordo prodúcese no medio do supostamente forte debate, posto en marcha con motivo da Area Metropolitana de Vigo por PSOE e PP, debate que pretende armar moito ruido para non facer absolutamente nada e que, por exemplo, Moaña siga sin poder contar cunha rede de transportes públicos en condicións.
O BNG, embarcado na deriva fascistoide de enseñar himnos patrióticos a nenos e nenas de cero a tres anos nas galescolas, non se descuidou tampouco neste tema e, como o aproveitamento económico persoal parece ser o fundamental, retrasou o cese de Antón Losada o tempo necesario para que cumplira os dous anos necesarios para poder cobrar os seus 15.000 euros.
Non se trata, como na película de Woody Allen de entrar, coller os cartos e sair correndo, pero cada día acércase máis.
2 comentarios:
A opinión sesgada é como a desinformación. Hai moitos aspectos neste comentario, como outros dos que se postulan aquí. Pero cando se fala deses 15000 euros, parece que se esquece que non é unha aportación da xunta ao sistema, senón que polo comtrario é o marco legal estatutario español, e por iso é preciso reestructurar o noso estatuto galego para ter plenas competencias e regulación das mesmas. Paréceme curioso, que neste noutros blogs, páxinas de informativos,etc... apareceu a noticia de que Anxo Quintana quería ensinar o himno galego aos rapaces nas galescolas. Eu que por casualidade escoitei o discurso onde parece que se dixo tal cousa, e non se dixo tal, tan só se dixo que había que difundir este himno entre os nosos nenos, pero a información parece que quere dicir outra cousa, parece que pretende intoxicar as palabras e a intenionalidade do portavoz naional do bng. O único gran problema do himno, é que tanto ao PP como ao PSOE o que non lle interesa son as galesolas, porque non lle interesa que os aaces se eduquen con formación galega, con identidade, que falamos de cultura, e non de sectarismo, como a moitos lles gusta interpretar.
Triste, moi triste que a militancia do BNG e os que pasaban de casualidade por alí teñan que disculpar as inconsistencias de Quintana e de outros que avalaron publicamente a proposta de enseñar himnos patrióticos nas galescolas. Moi triste que o BNG votara no parlamento a favor dos 15000 euros e agora, como non pasou desapercibido, ande Quintana mendigando a posibilidade de rectificar este punto, para o que o parlamento galego é plenamente soberano. O máis triste de todo é o servilismo silencioso da militancia do BNG.
Publicar un comentario en la entrada