sábado 15 de septiembre de 2007

Moción : Obras de mellora de seguridade viaria...




Con motivo das obras da Vía de alta capacidade do Morrazo, o concello de Moaña dirixiuse en varias ocasións a dirección Xeral de Obras Públicas para manifestarlle a preocupación sobre a repercusión que esta obra tería sobre a rede de estradas autonómicas e provinciais a nivel de incremento de tráfico e conseguinte disminución das condicións de seguridade viaria. Unha vez entrou en funcionamento dita infraestructura, constatouse efectivamente un incremento de tráfico en viais como a carretera autonómica PO-313 (Moaña- Marín).

Como consecuencia do anterior elaborouse un estudio por parte dos técnicos municipais sobre a necesidade de acometer obras de seguridade viaria en diversos tramos da rede autonómica de estradas ao seu paso polo termo municipal de Moaña,que foi remitido a Cosellería de Pólítica Territorial, os resultados máis salientables de dito estudio, sinalaban as seguintes deficiencias:


PO-551. Nesta vía as obras refírense fundamentalmente a construcción de tramos de aceiras para garantir a seguridade dos peóns en tramos densamente poboados.

-Necesidade de construcción de aceiras no tramo comprendido entre o límite con Cangas e a baixada O Lazareto en Tirán.
- Realización de aceiras na Borna para darlle continuidade a existente ata enlazar coa parroquia de domaio.
- Construcción de aceira dende a estación de servicio de Domaio ata a rotonda de inicio da vía de alta capacidade do Morrazo.

PO-313. O dispoñer dun enlace da vía de alta Capacidade directamente sobre esta carretera, e o constituir este enlace o principal acceso o centro urbán de Moaña este vial é o que máis acusa o incremento da densidade de tráfico, co agravante que dito incremento é a través dos barrios de Sabaceda e Broullón os cales carecen das máis mínimas condicións de seguridade para os peóns en todo o seu trazado. As obras necesarias serían:


- Realización de aceiras, instalación de alumeado público e recollida de aguas pluviais dende Sabaceda ata a rotonda de enlace da vía rápida, e dende ésta ata o mirador da Fraga.
- Incremento das medidas de sinalización horizontal e vertical en todo o seu trazado, tendo en conta a existencia de centros de ensino e culturais no mesmo que provocan que moitas persoas incluídos nenos, teñan cada día que cruzar dita vía.

Ditas reivindicacións foron novamente trasladadas cando a Consellería acometeu as obras de mellora da capa de rodadura da PO-551 no ano 2005, sen que se fixese nada ó respecto.

No ano 2006, a CPTOPT como consecuencia das alarmantes cifras de peóns atropelados nas estradas anuncia un plan de mellora das mismas para incrementara seguridade viaria na súa rede de estradas.

Os pasados días 8 e 9 de agosto de 2007 no DOG aparecen sendas resolucións da Consellería donde se adxudican diversas obras deste tipo nas catro provincias por valor de perto de 35 millóns de euros. Así na provincia de Pontevedra aparecen obras como:Mellora da seguridade viaria na PO-552 Vigo-Tui, PO-316 Lanzad-O Grove, PO-553 Lalín-Alto do Faro, PO-411 Páramos-Salceda, PO-308 Pontevedra-A Lanzada, PO-402 Oleiros-Vilasobroso, PO-548 Travesía de Catoira, PO-261 Mondariz-Maceira, PO-350 Areas-Tomiño.

Como se pode comprobar na anterior relación , as obras demandadas polo concello de Moaña non aparecen nesta relación, o cal significa que volvemos a quedar relegados nunhas obras que non son un luxo, senon unha necesidade, unha vez máis. Tal parece que a Consellería non acaba de tomarse en serio a urxencia de que se acometan estas melloras . Por estas razóns expostas é polo que plantexamos á Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

Instar a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia a que de maneira urxente tome as medidas necesarias para mellorar as condicións de seguridade viaria nos viais PO-551 e PO-313 ao seu paso polo concello de Moaña, fundamentalmenta para a protección dos peóns e veciños que se asentan sobtre ditas vías.

Moaña a 13 de Agosto de 2007. Asdo. Euloxio Santos Leites
Voceiro de INMO