miércoles 24 de octubre de 2007

Actalización do inventario de bens municipal

Euloxio Santos Leites, vocero do grupo municipal de Iniciativa polo Morrazo,propón para o seu debate polo Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN:

O Real decreto 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o regulamento de bens das Entidades Locais, no seu CAPÍTULO III de conservación e tutela de bens, na SECCIÖN 1 referida o INVENTARIO E REXISTRO DE BENS, establece no seu artigo 17 : As Corporacións locais están obrigadas a formar inventario de todo los seus bens e dereitos, calquera que sexa a súa natureza ou forma de adquisición.

O Concello de Moaña ten un inventario de bens municipais aprobado no Pleno da Corporación do día tres de maio de mil novecentos noventa e tres. Dito inventario de bens é moi incompleto entre outras cousas porque carece da cartografia pertinente, que impide en moitas ocasións situar axeitadamente algún dos bens inventariados. A maiores, o desenvolvimento de determinadas figuras urbanísticas das NN.SS. como plans parciais, unidades de xestión, convenios... posibilitaron a creación de novas rúas, zonas verdes etc que se foron incorporando o patrimonio municipal, pero que non están axeitadamente inventariadas. Tamén nos últimos anos obsérvase un incremento de reclamacións e litixios motivados pola titularidade de antigos camiños, servidumes de paso e outros dereitos que en moitas ocasións sitúa os técnicos municipais na imposibilidade de informar determinados expedientes por non ter a seguridade xurídica suficiente.

Por todo o exposto, urxe dotarse dunha ferramenta actualizada, polo cal proponse o Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO:

Prever a partida suficiente nos orzamentos municipais do ano 2008 para poder sacar a concurso e adxudicar de xeito prioritario, os traballos de redacción do Inventario de bens municipais do concello de Moaña.