viernes 5 de octubre de 2007

Os incumprimentos de Urbaser

Euloxio Santos Leites portavoz de Iniciativa Polo Morrazo,denuncia serios incumprimentos do prego que serviu de base para a adxudicación do servizo de limpeza viaria
.

En febreiro de 2007, asinouse o contrato entre o concello de Moaña e a empresa URBASER S.A.para a concesión do servizo de limpeza viaria de dez anos de duración. Transcurridos oito meses dende esa data, Iniciativa polo Morrazo, observa indicios de incumprimento de varias clausulas do contrato, razón pola cal consideramos necesario a apertura dun expediente informativo co obxecto de verificar o grao de cumprimento do contrato, e si é o caso adoptar as medidas disciplinarias que o propio prego establece.

Estes incumprimentos observados refírense as seguintes cuestións e traballos previstos:

- Baldeo de aceiras e prazas: este servizo hai meses que non se realiza.

- Limpeza de arquetas, sumidoiros e rexillas de aguas pluviais. Este servizo é fundamental nesta época por canto están atascadas de todo o período do verán, e é necesario realizalo para evitar inundacións no mommento de chuvias. Nos últimos días dito traballo está sendo realizado polos operarios municipais, o cal aínda é máis grave.

- Dentro das melloras ofertadas por URBASER, e que quedaron incorporadas ó contrato, figuran que a empresa instalaría 10 dispensadores caninos e se ocuparía do seu vaciado, outros dez quedarían es stock. Neste momento non nos consta que ditos dispensadores estén colocados, nin subministrados.

- Tamén dentro das melloras ofertadas pola empresa, e que tamén quedaron incorporadas ó prego, figura a limpeza de marquesinas, que tamén fai meses que non se realiza, e que ó igual que o caso anterior esta sendo realizado nos últimos días por persoal municipal.


Estas son algunhas das cuestións detectadas, a que entendemos que é necesario poñerlle freno para que non se produza unha degradación do servizo, e poida cumprir os fins para os que foi creado: ofrecer unha imaxe de limpeza do pobo de Moaña. Por estas razóns son polas que instamos o grupo goberno a que en cumprimento das súas funcións actúe esixindo aquilo que se asinou.

Moaña a 3 de Octubre de 2007.

Asdo. Euloxio Santos Leites