sábado 29 de diciembre de 2007

Implantación de rede WiFi

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE INMO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA WI-FI ABERTO EN LUGARES PÚBLICOS DO CONCELLO.

Euloxio Santos Leites, voceiro do grupo municipal de Iniciativa polo Morrazo, propón para o seu debate polo Pleno da Corporación a seguinte

MOCIÓN:

A sociedade do século XXI vive inmersa en plena era da información, a elo contribuiu, sin lugar a dúbidas a expansión vertixinosa das novas tecnologías. Hoxendía, as telecomunicacións teñen acadado un nivel de desenvolvemento que están convertendo ó mundo na profetizada aldea global, na que a implantación de internet está xogando un papel crucial na xeneración, o acceso e intercambio de información en todolos ámbitos da vida moderna: comercio, educación, cultura, ciencia, tecnología, ocio etc.

O abaratamento dos equipos informáticos e servizos de acceso ás denominadas autopistas da información, está logrando que esa tecnología esté cada día máis ó alcance de crecentes sectores sociais. A disponibilidade das transmisións inalámbricas engadiu novas potencialidades, ó facilitar o acceso a rede de redes dende prácticamente calquer lugar do noso planeta.

Neste contexto, son xa numerosas as cidades e pobos a nivel mundial que apostaron por crear as infraestructuras necesarias para dotar de cobertura inalámbrica ós seus correspondentes territorios. Así, e por circunscribirnos ó espazo xeopolítico máis cercano, os servizos públicos de puntos de acceso wi-fi aumentan nas cidades e concellos de toda Europa. Empezando polos principais aeroportos, establecimentos hoteleiros, recintos feriais, comercios, bibliotecas, centros docentes, e en xeral, espazos públicos as iniciativas por dotar de acceso aberto a rede proliferan cada día máis.

Seguindo esta liña, moitos concellos facendo unha aposta decidida por implantar esta novedosa tecnoloxía nos seus correspondentes ámbitos territoriais para ofrecer os cidadáns un servizo de acceso universal á información , un valor engadido, que ademáis de contribuir a mellora da calidade de vida dos veciños, supón un atractivo para os potenciais visitantes e un indubitable incremento das oportunidades de negocio local.

En Galicia xa existen concellos, algúns do noso entorno, que xa se incorporaron á rede de cidades españolas que contan con esta nova tecnología.

Dado que o desenvolvemento , a difusión e o acercamento da sociedad da información é un dos obxectivos básicos da política da Unión Europea e forma parte do progreso das rexións, é unha prioridade compartida polos fondos Comunitarios , polo que aquelas actuacións realizadas ó amparo de algún dos programas (como o de cidades dixitais) establecidos polo Ministerio español de Industria, Turismo e Comercio, poderán ser cofinanciadas por Fondos Estructurais Europeos. Ademáis o Ministerio tamén puso en marcha o Plan Avanza que contempla unha liña de subvencións para incentivar a a correspondente implementación tecnológica. Ademáis, no ámbito da Comunidade Autónoma, tamén a Consellería de Industria dispón de liñas de axuda a este tipo de proxectos.

No noso Concello xa funciona un área pública wi-fi na biblioteca municipal e , entendemos, plas razóns expostas, que o Concello debe realizar un esforzo para ampliar esta tecnoloxía a diferentes zonas de acceso público do municipio: Centros culturais, Centros sociais, Escolas e institutos…

Por todo o anterior, e tendo en conta que a tecnoloxía inalámbrica é cada vez máis asequible técnica e económicamente, e considerando que os costos da súa implantación non serían demasiados gravosas para as arcas municipais, ó poderse beneficiar de moitas fontes de financiación externas, á par que representa un importante beneficio social inmediato, elevamos ó Pleno da Corporación ós seguintes

ACORDOS:

1.- O Concello de Moaña iniciará as xestións oportunas conducentes a estudiar a implantación paulatina dunha rede pública de puntos de acceso Wi-Fi a internet nos distintos barrios e centros públicos do municipio.

2.- A tal efecto, o Concello recabará a cooperación e o asesoramento técnico de institucións, entidades, organismos públicos para deseñar o sistema necesario. Asimismo, procederá a buscar as fontes de financiación necesarias para a posta en marcha do proxecto.

1 comentarios:

pedro dijo...

aquinacalle no real non se colle ningunha rede aberta e iso que conto cun equipo wifi "pata negra".....