16 de xuño, noite de
San Xoán
“La primavera está hasta los c…de El Corte Inglés”. Así rezaba hai xa uns bos anos un slogan producto do cabreo que unha primavera abundante en choiva e mal tempo viña de provocar como reacción nun librepensador. Non creo que a choiva e o mal tempo da tarde do sábado tivera nada que ver cun posible malestar da primavera coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar do Sr. Quintana. Coido que en todo caso tiña que ser o verán o cabreado con estes políticos de sentimentos patrios que lle veñen de usurpar unha celebración ó período estival.
A primavera e o verán, que de política creo que entenden pouco, pensarán que son cousas do quentamento global, do cambio climático, e concluirán que se somos capaces de variar os cauces dos ríos, de queimar hectáreas de montes, de aterrar as rías, porque non imos poder modificar equinocios e quitar un día de acá e poñelo alá. A primavera e o verán se entendesen de política estarían a esta hora a pensar porque o BNG non deixa tranquilos os días de tradicións ancestrais e postos a cambiar non cambia a súa política, rompe coa dinámica folclórica e de pandeireta, demagóxica, esperpéntica, electoraleira e tremendamente continuista das prácticas máis xenuinamente populistas do PP e emprende políticas sociais progresistas e innovadoras.
Certas e moi visibles políticas que está a levar adiante o BNG na Xunta convirtense nos mellores argumentos para que “iluminados” e “resentidos” coma min sigan mantendo, como veñen facendo dende hai tempo, que o BNG é unha cousa rara con bandeira de seu, que en Galiza non triunfa ningunha organización ou partido que se queira afincar nos espazos da dereita nacionalista porque ditos espazos xa están ocupados polo BNG, se non de palabra polo menos na práctica. E quen me queira levar a contraria ben podería empezar, si é posible, por explicarme si entenden as políticas sociais que levou adiante o PP en Galiza como progresistas ou de esquerdas, porque son as mesmas políticas que está a levar adiante o BNG neste momento.
“La Xunta invita a 3,500 mayores a una fiesta de San Xoán en a Xunqueira. El evento se celebrará mañana a las cinco de la tarde e incluye sardinas, música y la tradicional hoguera”. (FARO DE VIGO, venres 15 de xuño)
¿Tardarán moito en facer votar tamen ós mortos?.