Iniciativa polo Morrazo (InMo)
presentada por Euloxio Santos Leites
MOCIÓN: Convenio para a
humanización do barrio do Real
O barrio do Real é un dos máis densamente poboados de Moaña e tal vez un dos de peor calidade de vida. Foi o primeiro intento de facer unha “urbanización” en Moaña, ainda que o descontrol e a falta de medios municipais, a especulación privada e outros factores fixeron que acabara na situación que todos coñecemos: rúas con aceiras estreitas, mal ilñuminadas, sen nengún tipo de mobiliario urbano...
Na anterior Corporación, dentro do plan de humanización de rúas, abordouse unha das do populoso barrio : a rúa Lealtade, mediante un proxecto acordado cos veciños, cun resultado que lle devolveu un pouco de dignidade a zona. Para poder seguir adiante con este proxecto de reforma interior do barrio son necesarios moitos máis recursos económicos que os que pode aportar o concello dende as arcas municipais para poder rematalo nun prazo prudente de tempo.
A Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia está acometendo obras de rehabilitación e reurbanización de espazos urbanos mediante convenios cos concellos. Tal é o caso do asinado co concello de Beariz mediante o cal a Consellería aporta un 80% dos fondos necesarios e o concello o 20% restante, ou dos recentemente comprometidos en Cangas para rehabilitar varias prazas do centro urbano. Como queira que O Real entendemos que reune os requisitos para este tipo de actuacións, e polo que propoñemos o Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
Realizar un anteproxecto das obras de rehabilitación necesarias nas rúas do barrio do Real, para dirixirse a Consellería de Vivenda para instar a realización dun convenio de financiamento que permita acometer ditas obras.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada