viernes 4 de julio de 2008

Moción sobre Aqualia

MOCIÓN:CUMPRIMENTO DO PLAN DE INVERSIÓNS DE AQUALIA

Como consecuencia do proceso de privatización dos servizos de abastecimento de agua e depuración no Concello de Moaña, a empresa adxudicataria AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, comprometeu un programa de inversións en tres anualidades pola cantidade de 3.174.920 euros. As obras correspondentes a dita cantidade deberían estar finalizadas ou polo menos en marcha no ano 2007.

Según as cifras aportadas pola propia empresa na reunión da comisión de seguimento do servizo, realizada o 28 de xuño de 2007 para avaliar o estado das inversións e planificar a obra pendente, a inversión aprobada ata ese momento era de 2.054.211 euros, quedando polo tanto un remanente de inversión por aprobar e executar obra pola cantidade de 1.120.708,76 euros. Nesa reunión ademáis encargouselle a concesionaria que valorase económicamente unha serie de obras necesarias en varias zonasa de Moaña sin saneamento, para nunca próxima reunión decidir en que obras invertir o último prazo do plano de inversións. O certo, é que a día de hoxe, un ano despois, non se sabe nada de todo o anterior.

A maiores do anterior, unha das obras máis importantes económicamente aprobadas no ano 2006 que é o saneamento de Carballido- San Lourenzo – conexión A Borna de importe aproximado de 800.000 euros está sen rematar e polo tanto sen dar servizo a un grupo importante de veciños. En consecuencia, realmente estamos falando dunha inversión próxima os 2.000.000 de euros (entre o aprobado sen realizar e o pendente de aprobar) sen que sepamos nada dela.

Dada a importancia do asunto pola cuantía, e pola necesidade desas obras para os veciños, e polo que propoñemos o Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDOS:

Esixir a empresa AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA o cumprimento das inversións comprometidas no proceso de adxudicación, e no caso contrario adoptar as medidas contempladas no contrato.