MOCIÓN:CONSTITUCIÓN DOS
CONSELLOS VECIÑAIS
O Regulamento de participación veciñal do concello de Moaña aprobado no ano 1993 e modificado no ano 2003, establece nos seus artigos 25,26,27,28,29 e
Esta figura que apareceu por 1ª vez no regulamento do ano 2003 veu desenvolvendo as suas funcións con certa normalidade durante a lexislatura pasada, na cal se constituiron unha serie de consellos (Tirán, San Martiño, Meira, Domaio), e tiveron un funcionamento normal e regular polo menos algúns deles como os correspondentes as parroquias de Domaio, Meira e Tirán, ainda coas deficiencias propias dunha entidade que comeza a andar. A estes consellos asistián todolos colectivos (veciñais, culturais, deportivos..) de cada zona, persoas individuais e grupos políticos e a súa función era dar a coñecer e debatir as propostas do concello para cada unha das zonas de Moaña en distintas materias: orzamentos municipais, obras etc.. e tamén que por parte dos responsables municipais se tivera un coñecimento detallado das inquietudes de cada barrio ou parroquia, conseguindo con elo un maior coñecimento e control da actividade municipal por parte dos veciños, e polo tanto unha maior corresponsabilidade e como consecuencia unha mellora da transparencia do traballo do concello.
Iniciada a presente lexislatura compría actualizar a composición de ditos consellos en función da nova representación municipal, e poñelos a andar de novo. A realidade é que a día de hoxe, ano e medio despois da conformación da maioría de goberno BNG-PSOE, nada máis se supo destes consellos nin parece que sexa un tema que esté na axenda do grupo de goberno, a pesar de que existen gran cantidade de temas para os cales serían un foro de debate excepcional como poden ser o proxecto “Vigo integra” abastecimentos de agua…
Por estas razóns expostas é polo que se propón ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
Que por parte da Alcaldía de Moaña se den os pasos oportunos para a posta en funcionamento dos consellos veciñais contemplados no Regulamento de participación veciñal.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada