"Violentouse a unha corporación que
representa a tódolos
moañeses."
(Euloxio Santos)
Inmo considera que os incidentes do xoves teñen unha extraordinaria gravedade e son un atentado contra as máis elementais regras do xogo democrático.
Non cabe nengunha dúbida de que o que buscaban era reventar o pleno sin que lles interesara nin o máis mínimo falar do catastro.
O PP é o instigador desta movida sin fundamento como o demostran os feitos e os miles de cartas que mandou as casas.
Consideramos que o PP debe recapacitar sobre si ese é o modelo de convivencia que quere para Moaña. Un concello que sempre se caracterizou polo elevado nivel de respecto entre todos, forzas políticas e veciños no debate político.
Pedimos responsabilidade, consideramos que en política non vale todo.
Pensamos que, polo ben de Moaña e pola convivencia, a situación debe reconducirse a cauces de diálogo.
sábado 29 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)