sábado 26 de julio de 2008

Punto Limpo

MOCIÓN: CONSTRUCCIÓN DUN PUNTO

LIMPO EN MOAÑA

Na lexislatura pasada chegouse a un acordo coa Dirección Xeral de Calidade e avaliación ambiental da Consellería de Medio Ambiente para a financiación e construcción dun punto limpo en Moaña. A necesidade da construcción imperiosa de tal instalación en Moaña foi xustificada diante desa Dirección Xeral pola Concellería de medio ambiente mediante un informe no cal se describía a existencia de verquidos incontrolados en diversos puntos do Concello, a inexistencia de puntos donde depositar voluminosos de liña marrón (colchóns, mobles…) de liña blanca (neveras, lavadoras…) Residuosa tecnológicos, restos de podas etc.



En contestación a esta petición de axuda, a Consellería de Medio Ambiente, comprometeuse a financiación desta instalación, pedíndolle o Concello a posta a disposición dos terreos necesarios. O Concello Sinalou como terrenos axeitados as fincas de propiedade municipal ubicadas en Bouza Figueira. Remitido este acordo a Consellería ésta elaborou proxecto que foi remitido ó Concello. A partir de ahí houbo oposición por parte dun grupo de veciños , e a día de hoxe non sabemos nada do asunto.

Todo parece indicar que o goberno municipal abandonou a idea de instalar o punto limpo na zona de Bouza Figueira, pero nada sabemos sobre si se están traballando noutras alternativas de ubicación, ou si se parou sin máis a búsqueda de solución a este grave problema que cada día se agrava máis. Ante a falta de alternativas para que os veciños teñan un punto donde depositar escombros de obras domésticas, mobles, electrodomésticos…a realidade e que estes aparecen tirados nos sitios máis insospeitados, sobre todo nas zonas próximas ao monte.

Por todo o exposto anteriormente e na idea de que é necesario e urxente, como decía o informe da Concellería de Medio ambiente e Mar, buscar unha alternativa a este problema, é polo que instamos a ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

Instar o Goberno Municipal a facer efectiva a posta a disposición da Consellería de Medio Ambiente dos terrenos necesarios para a construcción dun punto limpo en Moaña.

jueves 24 de julio de 2008

Manifesto a prol da convivencia linguistica


As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:
1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.
4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.
5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.
Apoios ao Manifesto.Podes enviarnos o teu apoio a través do fax (981 583 782), por correo electrónico: amesa@amesanl.org ou ao enderezo postal (Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita; Apartado 247; 15705 Santiago de Compostela).

viernes 4 de julio de 2008

Moción sobre Aqualia

MOCIÓN:CUMPRIMENTO DO PLAN DE INVERSIÓNS DE AQUALIA

Como consecuencia do proceso de privatización dos servizos de abastecimento de agua e depuración no Concello de Moaña, a empresa adxudicataria AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, comprometeu un programa de inversións en tres anualidades pola cantidade de 3.174.920 euros. As obras correspondentes a dita cantidade deberían estar finalizadas ou polo menos en marcha no ano 2007.

Según as cifras aportadas pola propia empresa na reunión da comisión de seguimento do servizo, realizada o 28 de xuño de 2007 para avaliar o estado das inversións e planificar a obra pendente, a inversión aprobada ata ese momento era de 2.054.211 euros, quedando polo tanto un remanente de inversión por aprobar e executar obra pola cantidade de 1.120.708,76 euros. Nesa reunión ademáis encargouselle a concesionaria que valorase económicamente unha serie de obras necesarias en varias zonasa de Moaña sin saneamento, para nunca próxima reunión decidir en que obras invertir o último prazo do plano de inversións. O certo, é que a día de hoxe, un ano despois, non se sabe nada de todo o anterior.

A maiores do anterior, unha das obras máis importantes económicamente aprobadas no ano 2006 que é o saneamento de Carballido- San Lourenzo – conexión A Borna de importe aproximado de 800.000 euros está sen rematar e polo tanto sen dar servizo a un grupo importante de veciños. En consecuencia, realmente estamos falando dunha inversión próxima os 2.000.000 de euros (entre o aprobado sen realizar e o pendente de aprobar) sen que sepamos nada dela.

Dada a importancia do asunto pola cuantía, e pola necesidade desas obras para os veciños, e polo que propoñemos o Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDOS:

Esixir a empresa AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA o cumprimento das inversións comprometidas no proceso de adxudicación, e no caso contrario adoptar as medidas contempladas no contrato.