sábado 28 de febrero de 2009

MOCIÓN:CREACIÓN DA FIGURA DO VALEDOR DOS VECIÑOS


O Regulamento de participación veciñal do concello de Moaña aprobado no ano 1993 e modificado no ano 2003, recolle nesta modificación a instauración dunha nova figura como é a do VALEDOR DOS VECIÑOS . Así dende os artigos 31 á 39 do citado regulamento recollese a definición, método de elección e competencias deste cargo creado para a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Moaña, e para o control dos actos da Administración local en relación cos administrados.

Esta institución constitue un mecanismo excepcional no asesoramento, mediación, información e intervención dos veciños ante a Admón.. local, permitindo vehiculizar reclamacións, queixas que de outro xeito non terian un canle axeitado e regulado para chegar os seus destinatarios. Asimismo constitue un mecanismo extraordinario de salvagarda dos dereitos dos veciños ante a actividade ou a inactividade dos distintos departamentos do Concello, como se ven demostrando no funcionamento de entes similares doutros concellos ou de outras institucións como é o caso do Valedor do pobo galego ou do Defensor del pueblo español.

Por estas razóns e en aras da mellora da transparencia das institucións e da existencia de mecanismos que permitan o control por parte da sociedade civil, no convencimento de que contribuirá a formación dunha sociedade máis formada, libre e polo tanto máis xusta é polo que se propón ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

Que por parte da Alcaldía de Moaña se den os pasos oportunos para a posta en funcionamento da figura do Valedor do veciño contemplado no Regulamento de participación veciñal.