viernes 13 de marzo de 2009

Transporte de Ría

NOTA DE PRENSA: TRANSPORTE DE RÍA




Chegamos ó día en que de de novo os cidadáns de Moaña en particular, e do Morrazo en xeral, volvemos a ser víctimas, no referido o transporte da Ría de Vigo, dunha combinación de dous factores que teñen demostrado ser tremendamente perigosos, por canto a suma dos dous leva camiño de conducir o desmantelamento dun servizo básico para moitos traballadores e usuarios en xeral.

Estes dous factores son:

- A Incompetencia e a hipocresía de tódolos partidos políticos con representación no Parlamento galego, posto que todos eles: PP, BNG, PSOE tuveron responsabilidades de goberno en distintos períodos na Xunta de Galicia, e os tres tuveron o problema do transporte de ría encima da mesa, e os tres nos venderon solucións máxicas, e os tres partidos maioritarios fixeron deixación das súas responsabilidades con este tema, como se demostra que a día de hoxe sigamos coa ameaza cada vez máis certa da posible desaparición do servizo.

Esta é a proba de que nunca se tomaron en serio este importantísimo tema, sempre concebiron o transporte de ría como un elemento folclórico etnográfico, e non como o que realmente é: un sistema de transporte áxil, cómodo, eficaz e sostible, verdadeira alternativa o transporte terrestre que contribue a sacar centos de coches das carreteras, e que constitue un elemento de futuro para a movilidade: a vía rápida do mar.

- Por outra banda a actitude das distintas empresas que como a actual utilizan os pasaxeiros como reféns e moeda de cambio para presionar e chantaxear a Administración autonómica e local para conseguir unha mellor posición .

A combinación destes dous factores levounos a situación actual de máis que posible risco de desaparición do servizo, cousa que a Admon autonómica non pode consentir. Por esa razón dende Iniciativa polo Morrazo esiximos aos responsables autonómicos: aos que están en funcións(PP e BNG), e aos recentemente elexidos (PP) a que se poñan de inmediato mans a obra e que impidan que a ameaza da empresa de suprimir servizos sexa unha realidade, e asimismo instamos os gobernos municipais a que Moaña, Cangas e Vigo (que non pode mirar para outro lado) se poñan ó fronte desa demanda e da defensa real deste servizo básico.

Moaña a 13 de Marzo de 2009.