sábado 13 de junio de 2009

Orzamentos

ORZAMENTOS DO CONCELLO DE

MOAÑA ANO 2009


Estamos ante un orzamento moi tardío, mediados de ano e que non entrará en vigor ate dentro de mes e medio, polo cal non estamos ante un documento de planificación económica, sinon ante un documento que unicamente recolle gastos xa realizados ou comprometidos polo equipo de goberno. Esta é unha situación anómala, por canto trátase dun equipo de goberno que “aparentemente “ ten maioría suficiente, salvo a existencia de desacordos entre os socios.

Por parte do goberno, anúnciase como gran logro que este ano reduciuse o orzamento en 2.284.641 euros. Nada extrano si temos en conta que o ano 2008 inflaron o orzamento ata a incrible cifra de 12.658.912 euros, unha auténtica barbaridade, polo tanto estariamos falando máis que dunha verdadeira rebaixa, dunha volta a parámetros de normalidade. Pero o importante é como chegaron a este resultado, de si é consecuencia dunha política de austeridade ou non,e cun rápido vistazo decatámonos de que non é así.

Un análise por encima das cifras danos un dato esclarecedor: a rebaixa dos orzamentos para este ano correspóndese casi integramente co desconto que se produce no capítulo de investimentos que pasa dunha cantidade de 3.046.040 euros a 1.243.944 e non como consecuencia da rebaixa do gasto corrente ou improductivo. En definitiva o artificio consiste en de facto, eliminar no ano 2009 o capítulo de investimentos. Si observamos o desglose do mismo podemos constatar o seguinte:

- Unha gran parte das obras son obras xa realizadas ou comprometidas no ano 2008: ludoteca municipal. Instalación eléctrica do centro Daniel Castelao, Pavimentación das Abilleiras, Muros de Daniel Castelao… así ata un importe de 250.000 euros.

- Outra gran parte das partidas de investimentos xa estaban contempladas nos orzamentos do ano 2008 e que non se ejecutaron como os saneamentos contemplados: Costa Grande,do Cantiño a Regueira e Broullón por un total de 170.000 euros.

- As partidas máis grandes correspóndense con compromisos anteriores: PXOM e Campo de futbol por un total de 350.000 euros.

A consecuencia de todo isto é que non existen proxectos novos para este ano e posiblemente tampouco para o ano 2010, deixando todo a expensas das obras realizadas a cargo das obras do Plan E estatal.



No relativo o capítulo de ingresos podemos afirmar sin dúbidas que se trata dun documento cunha previsión de ingresos irreal, que aparece inflado nos seus apartados máis importantes, o que fai que o conxunto do documento sexa unha fantasía contable, o cal provocará que as poucas obras do capítulo de investimentos que se executen vaian a incrementar a debeda. Así analizando algúns dos apartados de ingresos máis importantes como son os derivados da actividade urbanística, podemos destacar o seguinte:

- INGRESOS POR ICIO.- Prevé de ingresos 600.000 euros, cifra increíble si temos en conta que según os datos extraidos das actas de comisión de goberno(por non dispoñer ainda da liquidación do ano 2008) o ano pasado non se chegou por este concepto a 350.000 euros (e o ano pasado hubo un ingreso extra motivado polo nº de licencias extraordinarias para evitar a aplicación da lei do habitat), e o panorama para este ano non é mellor tendo en conta o parón do sector da construcción.

- LICENCIAS URBANISTICAS.- A previsión é de 125.000 euros, e según a misma fonte o ano pasado non se chegaron os 100.000 euros.

- APERTURA DE ESTABLECIMENTOS.- prevese 125.000 euros cando o ano pasado non se chegou ós 25.000 euros.

- INSTALACIÓN DE POSTES….- Hai unha previsión de 235.000 euros e o efectivamente recadado o ano pasado non superou os 65.000 euros.

E esta misma comparativa poderíamos facela coa maioría das partidas de maiores ingresos, e na maioria encontramos este desfase significativo que nos leva a reafirmarmos na afirmación inicial de orzamento increible..

No relativo o capítulo de gastos como dixemos anteriormente a rebaixa non procede dunha racionalización do gasto, e unha reducción do gasto corrente ou improductivo, senon pola eliminación das inversións, o cal vai en contra das directrices de todolos organismos e institucións sobre as políticas econômicas a aplicar en tempos de crise.