sábado 7 de noviembre de 2009

MOCIÓN:

AXILIZACIÓN DAS OBRAS DE

ABASTECIMENTO DE AGUA Ó

MORRAZO DENDE VIGO


O 17 de abril de 2008 o organismo autónomo Aguas de Galicia remite ó Concello de Moaña copia do proxecto de “Ampliación do abastecimento de agua ó Morrazo dende Vigo” o cal implica a construcción dun segundo colector dende a planta potabilizadora do Casal en Vigo, atravesando á ría para reforzar o subministro de agua ó depósito da Ameixoada, co obxectivo de garantir a demanda futura dos concellos de Cangas e Moaña, altamente dependentes deste recurso para cubrir as necesidades básicas.

O día 29 de Maio do mismo ano, apróbase por unanimidade do Pleno da Corporación municipal dito proxecto e os acordos demandados por Aguas de Galicia. O día 29 de maio publícase no BOP o anuncio de exposición pública por espazo de 20 días, non registrándose nese período ningunha alegación á mesmo. Posteriormente no mes de novembro de 2008 remítese a Aguas de Galicia toda a documentación requerida (acordo plenario, disposición de terrenos, solicitude de financiación…). Ata o momento, salvo algunha noticia en prensa non volvemos a ter coñecimento oficial do estado de dito expediente.

A situación nos últimos tempos volveu a actualidade por mor das continuas averías do actual colector submarino (en moi pouco período de tempo ata tres averías no mesmo tramo) o cal denota unha fatiga do material, que pode provocar que en calquer momento o subministro quede interrumpido por un tempo excesivo e que non se poida garantir o subministro de agua. É Polo tanto urxente tomar medidas para que si se produce esta continxencia, exista o respaldo dun segundo colector, no prazo de tempo máis breve posible.

Por estas razóns exportas é polas que se demanda do pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

Instar o organismo Aguas de Galicia a axilizar a tramitación administrativa e a adjudicar do xeito máis urxente posible a obra Abastecimento de agua ó Morrazo dende Vigo.