jueves 14 de enero de 2010

Nota de Prensa

INMO INSTA A ALCALDÍA DE MOAÑA

A APERTURA DUN EXPEDIENTE

SANCIONADOR A EMPRESA URBASER.


A situación na que se atopa o servizo de limpeza viaria prestado pola empresa URBASER, cando se cumpren dez días desde que os traballadores deixasen de prestar o servizo, resulta sorprendente e preocupante por canto estamos ante unha situación de abandono do servicio por parte da empresa sen que se produzca reacción algunha por parte dos responsables municipais para defender os dereitos do concello.

Nesta situación actual débense diferenciar duas situacións que anque están relacionadas, son distintas:

- A protesta dos traballadores reclamando o cumprimento dun preacordo salarial asinado o ano pasado coa mediación de responsables municipais, e que debería terse traducido nun convenio. A razón asiste neste tema ós traballadores que no seu momento en base a ese preacordo aceptaron volver ó traballo, e o que existe por parte da empresa é mala fé e incumprimento do acordado. Pero é que ademáis é falso cando din que necesitan que o concello lles suba o prezo da concesión para facer efectivo o pago do acordado cos traballadores, pois o que establece o contrato entre o concello e a empresa para revisar a concesión, é que si se produce un incremento dos custes salariais é cando pode solicitarse esa revisión, é decir, é necesario que primeiro proceda o pago ós traballadores para despois poder esixir un aumento das cantidades pagadas polo concello. Polo tanto o noso respaldo a reivindicación dos traballadores de que se cumpla o que tiñan acordado coa empresa.
- As relacións da empresa URBASER e o Concello. A situación a este respecto é inaudita pois encontrámonos que unha empresa de xeito unilateral abandona o servizo fai dez días, obviando o contrato que ten asinado co concello, e o grupo de goberno e o concelleiro de servizos(responsable da limpeza viaria) miran para outro lado esperando que escampe en vez de actuar de xeito contundente ordenando a apertura dun expediente sancionador contra a empresa. O grupò de goberno si quere, ten a s ferramentas necesarias, pois o contrato no apartado referido as penalizacións, establece que o abandono do servizo por máis de tres días e afectando a máis do 60% do servizo representaría unha falta moi grave, que está penalizada económicamente con ata un 20% da tarifa mensual, e que a súa reiteración pode dar lugar a rescisión do contrato, neste caso van dez días e afecta a integridade do servicio. Polo tanto, non poden esperar máis, URBASER non pode seguir facendo o que queira. Ainda que non nos extraña a situación de connivencia por canto en novembro de 2007 e decembro de 2008 Inmo xa levou o Pleno da Corporación mocións donde se documentaba de xeito fehaciente os incumprimentos desta empresa, sen que se fixera nada, o contrario o responsable de servicios argumentou naquel momento que estaba satisfeito de cómo se realizaban os traballos. De aqueles polvos estes lodos.

Moaña a 13 de Xaneiro de 2010